PropertyValue
opmo:account
is sioc:container_of of
sioc:content
  • Van case que tres anos dende que voltei de Catalunya, foron dous anos e medio alí por motivos de traballo que me trouxeron moreas de experiencias en tódolos los ámbitos, ben sexa políticos, económicos, persoais, profesionais e culturais. E é aquí onde comecei a decatarme das situacións tan distintas das que gozan a lingua catalana e a nosa lingua, o galego.\n\n

    Comezarei por describirvos a situación aló do catalán. Cataluña é unha sociedade onde se respectan as dúas linguas oficiais, e cando digo respecto refírome a que o 90 % da poboación fala ambolosdous idiomas. E cando digo falar, digo falar; por exemplo fálanche en catalán e se ven que so falas castelán diríxense en castelán. A sensación que se transmite é que falan en catalán pero que respectan o castelán. Os que falan castelán habitualmente se lle falan en catalán automaticamente cambian a catalán.\n\n

    En definitiva respectan as dúas linguas pero queren o catalán, non so as Administracións senón que tamén na rúa e en xeral toda a sociedade catalana. Curioso é que preto dun 70 % das televisións, o 50% dos rótulos dos comercios, o 80 % das radios ( ollo, Los 40 principales e a Cadena Ser Barcelona por exemplo) empregan o catalán como referente.\n\n

    A mocidade quéreo, respéctao e sobre todo fálao; pero non so nos pobos senón que tamén nas cidades; e as clases altas, medias e baixas. E algo fundamental, as nais fálanlle en catalán, aínda que fosen educadas en castelán aos cativos, porque saben que no colexio os seus cativos comunícanse en catalán. Aínda que despois estes nenos cando se fan adultos opten por falar en castelán.\n\n

    En resumo o catalán é unha lingua respectada, querida, valorada e que se lle ve futuro, non se aprecia que esta lingua poida ter problemas nin no presente nin no futuro a medio prazo. \n\n

    Esta experiencia en Cataluña valeume para valorar a situación do galego na actualidade. O galego pode ser unha lingua que aparentemente fálao un porcentaxe amplo da poboación, eu atreveríame a dicir un 100 % fálao no rural e un 50-60 % nas grandes cidades. Pero todo isto é virtual, imos facer unha análise da situación.\n\n

    Nas cidades falan galego os vellos que o falaron toda a vida dende pequenos, os que queren o galego ( galeguistas e nacionalistas) e algúns que viñeron do rural a traballar a cidade e que o conservan, pero que vai en claro retroceso conforme se vaian integrando na cidade.\n\n

    No agro falan todos galego, pero ao emigrar á cidade e desaparecer esta poboación o galego diminuirá ata case que desaparecer. En 50 anos practicamente acabará por ser anecdótica a poboación rural.\n\n

    Que é o que pasa nas cidades? O que pasou sempre as clases acomodadas odian, repudian e menosprezan a nosa lingua. Si falaban algo galego nos colexios ao integrarse so falan en castelán, nos institutos o mesmo. Considérase ao galego unha imposición e “un rollo” que hai que aprobar. E non algo que protexer, coidar, defender e querer.\n\n

    Porqué os que veñen do rural non manteñen o galego e o seguen a empregar na vida pública? Por prexuízos e por medo a ser rexeitados nesa sociedade urbana castelá.\n\n

    Porqué cando lle falas en galego seguen a falar en castelán? Por prexuízos, por vergoña, por desprezo,...Aínda que a xuventude sabe falalo, enténdeo, escríbeo,...\n\n

    A clave de todo isto está na educación nos fogares; porqué nunha familia de porto de mar o pai mariñeiro fala sempre en galego e a nai fálalle castelán a todo o mundo e aos fillos? Ignorancia, isto provoca que tamén desapareza o galego na costa.\n\n

    A porcentaxe de “teenagers”(13-19 anos) que fala galego nas cidades de Galicia non chega sendo optimista ao 10 %, e esta porcentaxe vai en clara diminución. Os pais fálanlle en castelán aos nenos e o agro vai en caída de poboación que se acaba integrando na cidade e adaptándose a nova lingua, o español.\n\n

    Por todo isto considero que a nosa lingua esta a morrer, e ten moi difícil salvarse desta morte. O galego terá un carácter académico, institucional, político, pero será un idioma morto para a sociedade que é a da que realmente é patrimonio e non das institucións. No momento no que as institucións deixen de exercer o mecenazgo morrerá definitivamente, tal como o vello do vídeo de “Hai que botalos” .\n\n

    \n\n

    “O pobo que renuncia as súas raíces é un pobo que acaba morrendo” \n\n

sioc:created_at
  • 2008-07-05 19:32:11
is sioc:creator_of of
is opmo:effect of
sioc:has_container
sioc:has_creator
sioc:has_reply
opmo:pname
  • http://lacomunidad.elpais.com/jmrvilas/2008/7/5/a-morte-dunha-lingua-xaime-m-r-vilas (xsd:anyURI)
sioc:title
  • A morte dunha lingua por Xaime M.R. Vilas
rdf:type

Metadata

Anon_0  
expand all